11/10/10

Música do S. XVI

Que música escoitaban no século XVI?  En tempos de Carlos V compón Mateo Flecha "o Vello" (1481-h.1549), autor das Ensaladas (Praga, 1581), xénero que mestura versos en diversas linguas.



Outros músicos son Cristóbal de Morales (Sevilla, h.1500-1553) quen estudou en Roma, onde publicou algunhas misas en 1544. Tamén temos a Pedro de Pastrana, Juan Vázquez ou Diego Ortiz. Deste imos escoitar Recercada Nº 1 sobre o passamezzo antigo



Da época de Felipe II corresponden Gabriel Gálvez, Andrés Torrente, Juan Navarro ou Rodrigo de Ceballos e o seu Hortus conclusus.



A gran figura do século, Tomás Luís de Vitoria (Ávila, 1548-1611), formouse na Catedral da súa cidade natal. Traballou en Roma e publicou unhas 170 obras -65 motetes, 34 misas, 37 oficios de Semana Santa, Magnificat e Salmos- desde 1572. A partir de 1587 traballa para a Emperatriz, a cuxa morte compuxo un famoso Officium Defunctorum (1605) para seis voces. Neste caso imos escoitar un Ave María



O seu policoralismo -composicións para dous coros- e coidado da harmonía -na escritura de bemoles e sostidos- sinálano como precursor do Barroco. Foi protexido de Felipe III.

Desde 1536 edítase tamén música instrumental. A primeira gran obra é O Mestre (1536) do valenciano Luís de Milán (h.1500-1561), dedicado a Juan III de Portugal. Inclúe fantasías, pavanas, tientos, panxoliñas, romances e obras orixinais en que a vihuela admite o canto.



Ségueo O Delphín (1538) de Luís de Narváez e os Tres libros de música en cifra para vihuela (Sevilla, 1546) de Alonso de Mudarra.



Outros vihuelistas son Enríquez de Valderrábano coa súa antoloxía Silva de sirenas (1547), Diego Pisador -Libro de música de vihuela (1552)- ou Miguel de Fuenllana -Orphenica lyra-.

O seu equivalente en órgano é o Libro de Cifra Nova para tecla, harpa e vihuela (Alcalá de Henares, 1557) de Luís Venegas de Henestrosa e as Obras de música para tecla, harpa e vihuela (1578) do burgalés Antonio de Cabezón (1510-1566), preparadas polo seu fillo. Ambas mostran a versatilidade destas composicións para adaptarse a instrumentos ou a voces humanas.